Pink Boots Collaboration brew day

O Sábado 8 de Marzo realizouse a elaboración de Rosa Vermella. Unha cervexa elaborada como colaboración de varias mulleres galegas ou residentes en Galicia que forman parte da Pink Boots Society - España e mais concretamenta da recén creada delegación Noroeste. É unha Red IPA, que coñeceredes en breve e na que estivemos traballando durante os primeiros meses deste ano. Fixémola con motivo do #8M para contribuir a visibilizar a presencia feminina no mundo da cervexa, rompendo co estereotipo do mestre cervexeiro habitual, e mais poñer en valor o seu papel histórico. Cos fondos que recademos a través da venda desta cervexa, xestionamos becas de formación para as propias asociadas. A elaboración levámola a cabo xunto con membros da cervexa Augas Santas A Ribeira, Productos Artesás, e outras profesionais independientes, na microcervexaría de Galician Brew.

Share this post